Semana para pechar as renovacións pendentes
Por Diego Espiño
Despois de anunciar a renovación do núcleo duro do plantel, entre os que se atopaban os tres capitáns do equipo (Edu Sousa, Mouriño e Álex Fernández) xunto ao cuntiense David Castro, o Pontevedra afronta unha semana clave de negociacións.
O club granate presentou propostas de continuidade a varios futbolistas e espera poder chegar a un acordo cos implicados sen moita máis dilación, aínda que nalgúns casos a situación antóllase complicada.
David Goldar, Álex González, Éder Díez, Anxo, Jimmy ou Adrián León recibiron unha oferta formal para continuar na casa granate, ao que se suma o interese por lograr a renovación de Kevin Presa, quen pediu á entidade un tempo para solucionar un problema persoal.
As negociacións están abertas, aínda que algunhas parecen máis próximas a acordo. Non é o caso por exemplo de Jimmy, xa que as posturas de ambas as partes atopábanse nas últimas horas bastante distantes.
Caso radicalmente oposto é o de homes como Marcos Álvarez, Prosi, Iván Martín ou David Añón, que non seguirán, mentres que con Jorge Hernández ou Pibe nada se dá aínda por seguro.
O Consello de Administración quere pechar canto antes esta etapa de renovacións para saber que número de fichaxes deberá acometer e poñerse ao choio, centrando neles os seus esforzos.
Polo momento son sete os futbolistas que contan con contrato en vigor co Pontevedra, como son Mouriño, Edu, Álex Fernández, David Castro, Berrocal, Nacho López e Darío Flores. Aínda que a esta lista hai que sumarlle aos futbolistas da base que se consolidaron no primeiro equipo no tramo final da pasada campaña e que, todo apunta, terán un oco en Segunda B, como son canto menos Juan e Jesús Barbeito.
Relacionadas:
-
Sporting de Gijón e Pontevedra, rivais nun amigable que se xogará en xullo en Avilés
Por Alejandro Espiño |
-
Adrián León súmase á lista de renovados no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Álex González acepta a oferta de renovación do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Primeiras renovacións en bloque no Pontevedra: Edu, Mouriño, Álex Fernández e David Castro
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Lupe Murillo abonará unha multa de 150 euros polo incidente co árbitro do Pontevedra-Adarve
Por Ramiro Espiño |
-
Luismi, tras renovar co Pontevedra: "Vamos a intentar soñar e ilusionarnos para estar lo más arriba posible"
Por Diego Espiño |