Rial renova e convértese no décimo xogador teucrista confirmado
Por Redacción
O novo proxecto da Sociedad Deportiva Teucro ten xa a boa parte dos seus protagonistas confirmados despois da renovación de José Manuel Rial.
O club anunciou o acordo de continuidade co lateral, que cumprirá así o seu cuarto ano consecutivo na que é a súa segunda etapa no equipo, do que saíu para militar en equipos como Aragón, La Rioxa ou Gijón.
Rial viu limitado esta última campaña o seu rendemento por culpa dunha grave lesión de xeonllo da que aínda se recupera, pero espera estar en plenas condicións para o inicio da pretempada. Ademais, aínda que desde a lesión que sufriu en 2016 no ombreiro perdeu protagonismo en ataque e centrouse en axudar no esquema defensivo, desde o Teucro confían en que volva converterse nunha peza importante no lanzamento exterior.
Coa súa renovación, só falta por coñecer que pasará con outros tres xogadores do plantel azul, como son o extremo e capitán Carlos García, o porteiro Santana e o tamén extremo Iván Fernández.
Actualmente con Rial son 10 os confirmados para a próxima tempada, xunto a Fafa Cangiani, Natan Suárez, Guillermo Fischer, Davor Cutura, Dani Hernández, SamuGómez, Juan Quintas, Jorge García Lloria e Andrés Moyano.