Álex González acepta a oferta de renovación do Pontevedra
Por Diego Espiño
A quinta renovación fíxose de rogar máis dunha semana no Pontevedra Club de Fútbol, desde o anuncio dos primeiros movementos no equipo, pero trátase dunha das prioridades do club.
Álex González seguirá vestindo de granate o próximo curso, no que será o seu terceiro ano en Pasarón. Farao despois converterse no tramo final da liga nun dos homes máis determinantes do plantel e en peza clave para lograr a permanencia.
Na que foi a súa segunda tempada en Pontevedra, o extremo zurdo participou en 34 partidos de liga, 23 deles como titular, anotando 5 goles, incluíndo un na última xornada para certificar a continuidade do equipo na Segunda División B.
Nada máis coñecerse a noticia, Álex González quixo enviar unha mensaxe aos afeccionados declarando sentirse "orgulloso de poder seguir defendiendo otra temporada más la camiseta y el escudo de este equipo".
Orgulloso de poder seguir defendiendo otra temporada más la camiseta y el escudo de este equipo @PontevedraCFSAD . pic.twitter.com/OE5awHX0Id
— Álex González (@Alexgm07) 15 de junio de 2018
Á espera de que se resolvan as negociacións con outros xogadores aos que o club presentou oferta, como son David Goldar, Éder Díez, Anxo, Kevin, Adrián León ou Jimmy, coa renovación de González pasan a ser oito os futbolistas que contan con contrato en vigor xunto a Mouriño, Edu, Álex Fernández, David Castro, Berrocal, Nacho López e Darío Flores.
Relacionadas:
-
Goldar ficha polo Cornellá e tampouco estará nunha presentación granate que anuncia sorpresas
Por Ramiro Espiño |
-
Eder Díez e Fernando Lezcano, dúas novas baixas no Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Anxo ficha polo Compostela tras rexeitar a oferta de renovación do Pontevedra
Por Redacción |
-
Javi Pazos e Campillo, moi preto do Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Sporting de Gijón e Pontevedra, rivais nun amigable que se xogará en xullo en Avilés
Por Alejandro Espiño |
-
Adrián León súmase á lista de renovados no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Semana para pechar as renovacións pendentes
Por Diego Espiño |
-
Primeiras renovacións en bloque no Pontevedra: Edu, Mouriño, Álex Fernández e David Castro
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Lupe Murillo abonará unha multa de 150 euros polo incidente co árbitro do Pontevedra-Adarve
Por Ramiro Espiño |
-
Luismi, tras renovar co Pontevedra: "Vamos a intentar soñar e ilusionarnos para estar lo más arriba posible"
Por Diego Espiño |