Continuidade na portería do Teucro, que renova a Javi Santana
Por Diego Espiño
Paso importante para a Sociedad Deportiva Teucro ao asegurar a continuidade dun dos homes importantes no equipo durante as últimas tempadas.
Javi Santana seguirá defendendo a portería teucrista un ano máis, dando continuidade así á parella de gardametas que forma con Lloria.
O canario cumprirá o seu terceiro curso consecutivo en Pontevedra, na que é a súa segunda etapa no club, despois de ser esencial no ascenso á máxima categoría e esta campaña para lograr a permanencia. De feito pechou a liga cunha porcentaxe do 32,64% de paradas, como un dos porteiros máis destacados da Liga Asobal.
Coa súa renovación son xa once os xogadores confirmados: Rial, Fafa Cangiani, Natan Suárez, Guillermo Fischer, Davor Cutura, Dani Hernández, SamuGómez, Juan Quintas, Jorge García Lloria e Andrés Moyano.
Falta agora por coñecer o futuro de Carlos García e Iván Fernández, que en caso de continuar no Teucro poderían dar por pechado o plantel, xa que os plans de Luís Montes pasan por un equipo con 13 xogadores que se vexa reforzado por varios integrantes do filial, como os recentemente incorporados Sergio Pérez e Domingo Luis.
Relacionadas:
-
O Teucro perde o seu capitán: Carlos García non seguirá no equipo
Por Alejandro Espiño |
-
Yoan Balázquez despídese do Teucro como mellor debutante da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Sergio Pérez e Domingo Luis, fichaxes de futuro para o Teucro
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Luís Montes, o deporte e o ámbito social 'Xuntos' no seu camiño
Por Marisa Ciordia |
-
Rial renova e convértese no décimo xogador teucrista confirmado
Por Redacción |
-
Lloria prolonga a súa vinculación co Teucro
Por Redacción |