Pontevedra acolle durante tres días o IX Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Por Redacción
Por noveno ano consecutivo Pontevedra acolle dende este xoves e ata o sábado 11 o Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física, un evento pensado para as persoas vinculadas ao deporte a través da saúde, o ocio, rendemento ou a formación.
Ata 400 profesionais do sector pasarán polo Recinto Feiral nun congreso que se fixa como obxectivo establecer relacións profesionais entre os participantes e difundir os proxectos técnico-científicos novidosos do último ano, ademais de debater sobre a situación actual dun sector, que como recorda o director das xornadas, Víctor Arufe, non conta cunha lexislación que os protexa, "es un temor de los profesionales del deporte, seguimos sin contar con una regulación estatal, es necesario regular quien puede dirigir un entrenamiento para los niños o para los mayores".
Paralelamente e por primeira vez celébrase ademais o primeiro Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición Sportis 2013 dedicado á formación, emprego, produtos e servizos no mundo do deporte e a saúde.
Sportis contará tamén coa visita de centros educativos de toda Galicia de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.