Balonmán sobre a area quente de Loira
Por Diego Torrado & Redacción
Marín é con Alburquerque e Valladolid a sede durante esta fin de semana do Arena Handball Tour. Desde o venres celébrase na praia de Loira unha competición de Arena 500 de balonmán praia.
Ao mesmo tempo que os diferentes equipos masculinos e femininos participan na competición se levan a cabo diversas actividades alternativas ao aire libre, como ruta de tapasa e exhibición de zumba e spinning.
A competición é puntuable no European Beach Tournament e durante este domingo xóganse semifinais e finais do torneo, que conta con numeroso público que se achegou á praia debido ás altas temperaturas que se rexistran durante esta fin de semana, aproximándose aos 30 graos.