O Cisne iniciará a liga de División de Honra Prata o 15 de setembro en Zarautz
Por Redacción
A Real Federación Española de Balonmán sorteou este martes o calendario de competición da División de Honra Prata, categoría na que por cuarta campaña consecutiva estará o Club Cisne.
Os pontevedreses xa coñece pois o camiño que lles espera nun curso no que volverán ter como obxectivo lograr a permanencia.
Os de Jabato abrirán fogo o día 15 de setembro no País Vasco, concretamente na cancha do Amenabar Zarautz.
Unha semana despois, o 22 de setembro, chegará o debut oficial na casa recibindo na pista do CGTD o filial do Fútbol Club Barcelona, mentres que na terceira xornada, tras unha semana de descanso, producirase o derbi provincial ante o recentemente ascendido Atlético Novás no Rosal (7 de outubro). O segundo dos encontros entre ambos os dous equipos pontevedreses terá que espera ata o 10 de febreiro.
Serán 30 xornadas dunha emocionante fase regular que concluirá o 19 de maio co Cisne xogando a domicilio ante o Balonmano Nava.
Pola súa banda o play-off de ascenso á Liga Asobal disputarase os días 8 e 9 de xuño.
Consulta aquí o calendario completo da División de Honra Prata Masculina 2018/2019.