Cruel e polémica derrota do Teucro na semifinal polo ascenso (24-20)
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro seguirá unha tempada máis na División de Honra Prata de balonmán despois de caer na primeira semifinal da fase de ascenso ante o Bidasoa Irún (24-20) nun encontro máis igualado do que reflicte o marcador final.
Probablemente merecese máis o cadro azul nun pavillón de Hondartza, en Hondarribia, envorcado cos irundarras, pero as precipitacións en ataque ao inicio de partido e no tramo final e unhas polémicas decisións arbitrais nos últimos minutos remataron por decantar a balanza en favor dos locais.
As precipitacións en ataque ao inicio de partido e no tramo final e unhas polémicas decisións arbitrais nos últimos minutos decidiron o choque
O encontro comezou moi ben para o Bidasoa ante un equipo lerezano que acusaba os nervios con malas eleccións de tiro e problemas en ataque (6-2), pero un tempo morto de Javier Barrios aos doce minutos volcou o descorrer do choque. Barrios cambiou de golpe catro xogadores na liña de ataque primeira incluíndo a Chapela, Siscu e Porto e finalmente dando entrada a Carlos García, logrando romper a dinámica e igualar o choque (6-6, minuto 19) despois de deixar atrás os nervios iniciais.
Non obstante cando o partido parecía máis igualado varias perdas de balón volvían dar vantaxe aos locais para chegar cun 10-7 ao descanso que non reflectía a intensidade e loita dos teucristas.
Na segunda metade o guión do partido cambiou e o ataque azul empezou a carburar da man de José Manuel Rial (7 goles), acompañado dunha boa defensa e a aparición de Juan Bar para poñerse por primeira e única vez en vantaxe tras un tanto de Toño Fernández (11-12), aínda que o Bidasoa reaccionou rapidamente dando paso a un tramo de intercambio de golpes co Teucro a un e dous goles de distancia ata que Carlos García puxo a igualada no minuto 51.
Todo parecía indicar que se aveciñaba un final de infarto pero a parella arbitral, os madrileños Miranda Bedate e San Pedro Colorado, non dixeran a última palabra. Os azuis xa se queixaban dun direferente rapadoira á hora de xulgar o mesmo tipo de accións nos dous equipos, e unha polémica exclusión ao banco azul por protestar (minuto 53) rematou por romper o choque (20-18) e caldear os ánimos no bando pontevedrés.
Nos últimos minutos a desvantaxe pesou nos azuis, que o intentaron con máis corazón que cabeza vendo que lles escapaba o sono do ascenso. Con esa responsabilidade ás súas costas os teucristas cometeron varios fallos en ataque que aproveitaron os locais para sentenciar o seu pase á final.
Javier Barrios só tivo palabras de eloxio á conclusión para un equipo que se deixou ata a última gota de suor na pista. Non é para menos, a xuventude do equipo e a súa implicación, a pesar do revés, invita a mirar ao futuro con optimismo.
CD BIDASOA IRÿN (24): Zubiria, Ugarte (1), Alexis Gimeno, Crowley (8, 3p), Aldunate, Renaud (4, 1p), Álvarez (2) - siete inicial - Fernando Rincón (1), David Rincón (6), Aramburu, Azkue (2).
SD TEUCRO (20): Juan Bar, Toño Fernández (3), Álex Pombo (1), Tomás Moreira (1), José Manuel Rial (7), Didac Villar (2), Borja Pedreira - siete inicial - David Chapela (4), Miguel Porto, Carlos García (1p), Siscu (1), Miguel Sío.
Árbitros: Miranda Berate e Fernando San Pedro (Madrid). Excluiron a David Rincón, Renaud e Aldunate no Bidasoa e a David Chapela, Rial e Miguel Porto (2) no Teucro.
Marcador cada cinco minutos: 1-0, 6-2, 6-3, 6-6, 8-6, 10-7 (descanso), 11-9, 13-13, 15-14, 18-16, 19-18, 24-20 (final).
Incidencias: Primera semifinal da fase de ascenso á Liga Asobal disputada no pavillón de Hondartza, Hondarribia. Cheo absoluto, 750 espectadores, con presenza de aproximadamente 60 afeccionados chegados dende Pontevedra.
ANGEL XIMÿNEZ DISPUTARÁ AO BIDASOA A FINAL
O conxunto andaluz do Ángel Ximénez será o rival do Bidasoa na final polo ascenso, tras impoñerse na segunda semifinal ao BM Alcobendas por un apertado 29-27. O equipo madrileño xogará contra o Teucro polo terceiro e cuarto posto.