O Campionato Galego de balonmán praia decidiuse en Bueu
Por Redacción
Durante dúas xornadas, os días 24 e 25 de xullo, a praia de Banda do Río en Bueu contaxiouse da emoción e diversión do mellor balonmán praia autonómico.
Alí celebrouse a oitava edición do Campionato Galego, a fase final dunha competición que contara previamente con sete torneos clasificatorios en Vigo, Chapela, Redondela, Poio, Marín, A Guarda e Nigrán.
Ata 56 equipos tomaron parte nas diferentes categorías, desde a alevín ata a sénior masculina e feminina, buscando a clasificación para o Campionato de España.
A vitoria final nas categorías absolutas foi para Veba Waterfuckers na competición feminina e para PTV HandStrand na masculina.
Ademais impuxéronse PTV HandStrand (xuvenil e cadete masculina), BMP Pescados (xuvenil e cadete feminina), Veba Os da Jrada (infantil masculina), Veba Water (infantil feminina) e Los cracks del Carballal (alevín mixta).