O Torneo Balonmán Praia Sanxenxo cumpre 20 anos en plena forma
Por Redacción & Diego Torrado
A praia de Baltar foi escenario durante toda a fin de semana dun torneo que máis que competición foi toda unha celebración.
O Torneo Balonmán Praia Sanxenxo chegou á súa vixésima edición en plena forma, con dúas xornadas de deporte, emoción e bo ambiente no areal de Portonovo.
Preto de 400 deportistas tomaron parte no evento desde primeira hora do sábado, cunha primeira xornada intensiva ata última hora do día.
Pola súa banda o domingo, desde as 15:00 horas, chegaba a quenda das eliminatorias ata unhas finais que alzaron a Veba Waterfuckers e PTV Handstrand como vencedores nas categorías feminina e masculina respectivamente.