Pontevedra avanza en Ostia (Italia) na organización do Europeo Júnior de Loita 2019
Por Redacción
Unha delegación pontevedresa atópase xa na localidade italiana de Ostia, onde estes días dispútase o Campionato de Europa Júnior de Loitas Olímpicas.
Esta competición será un dos pratos fortes do ano 2019 en Pontevedra, xunto ao ITU Multisport Festival de tríatlon e o Mundial Júnior de Balonmán, e por ese motivo a concelleira de Deportes viaxou ao país transalpino, co obxectivo de avanzar na organización do evento.
En Ostia, Riveiro manterá encontros coa Federación Internacional de Loita e asistirá a reunións de coordinación nas que se espera confirmar as datas concretas do evento (primeira semana de xuño).
A concelleira acode como máxima representante política da delegación española integrada por deportistas e representantes da Federación Española de Loita para coñecer o desenvolvemento do campionato.
O Europeo Júnior de Loitas Olímpicas disputarase en 2019 no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra coa previsión de que poidan participar preto dun milleiro de deportistas.