Echávarri e Pacheco avanzan á fase final do Mundial na décima posición
Por Redacción
O pontevedrés Fernando Echávarri e a canaria Tara Pacheco continúan coas opcións intactas de lograr unha praza olímpica para España no Campionato do Mundo de Vela que se está celebrando en Aarhus, Dinamarca.
Echávarri e Pacheco terminaron este martes na décima posición a fase clasificatoria no Nacra 17.
Con sete probas completadas, suman 46 puntos netos e están a vinte de acceder ao podio, pero teñen máis preto o Top-8 que daría praza de país para Tokyo 2020.
O xoves comezarán as series finais para esta clase.
TÁMARA ECHEGOYEN, NO POSTO 23
Non lle foron tan ben as cousas a Támara Echegoyen na súa volta á vela olímpica, nunha competición na que ademais estreaba compañeira dentro do 49er FX.
A regatista pontevedresa, xunto á mallorquina Paula Barceló, pechou a primeira fase do Mundial no posto 23 da clasificación.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e o Mapfre reciben o Premio Nacional de Vela
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen pecha a súa participación no Mundial de vela no vixesimoterceiro posto
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Fernando Echávarri, a dar o primeiro paso cara a Tokyo 2020
Por Redacción |
-
Prata para o pontevedrés Fernando Echávarri no Europeo da clase Nacra 17 de vela
Por Redacción |