Doblete do Súper Fróiz no Gran Premio da Ascensión
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz erixiuse en claro dominador dunha das citas tradicionais no ciclismo galego, o Gran Premio da Ascensión de Santiago de Compostela.
Aser Estévez encabezou o bo papel do equipo alimenticio facéndose coa vitoria xeral seguido do seu compañeiro José Luis Mariño e con outro corredor do equipo, Noel Martín, en cuarta posición.
O Fróiz rompeu a carreira no último porto puntuable, o Alto de Quintáns, coroado por De Segovia en primeira posición nun grupo de cinco, escapándose en solitario na baixada. A pesar de non lograr consolidar a fuga o momento da súa interceptación foi aproveitado por Aser Estévez para lanzar o que ao cabo sería o ataque definitivo para alzarse co triunfo.
O cadro dirixido por Evaristo Portela completou a boa actuación adxudicándose a montaña con Antonio De Segovia, as metas voantes con José Luis Mariño e a clasificación por equipos.