Suma e segue o Pontevedra en pretempada ao superar con solidez o Racing de Ferrol (0-2)
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol levou este venres o Memorial Moncho Rivera disputado no Estadio da Malata ao superar ao Racing de Ferrol.
Os granates suman e seguen en pretempada, na que se manteñen invictos, despois dun encontro que serviu de ensaio xeral para a liga e no que seguiron avanzando na idea de solidez mostrada nas últimas citas.
Os de Luismi fixeron valer a diferenza de categoría para tentar impoñerse desde o asubío inicial, e xa no minuto 1 gozaron dunha boa ocasión nas botas de Luismi. O equipo pontevedrés apenas concedía opcións e tentaba despregarse en ataque, aínda que sen acerto nos primeiros 45 minutos.
Houbo que esperar ao segundo tempo para ver os goles, o primeiro aos 54 minutos por medio de Kevin Presa. Pouco despois Romay facía o segundo e o Pontevedra baixaba o ritmo para controlar o resultado sen pasar excesivos apuros ata o final.
Tras este compromiso xa só asoma no horizonte un último amigable, o mércores en Cangas, antes de que nunha semana levante o pano a liga en Salamanca, o vindeiro sábado 25 de agosto.
RACING DE FERROL (0): Diego Rivas (Chema Leobalde no 46), Diego Seoane, Villarejo, Catú (Edu Blanco no 71), Garrido, Borja Hernández (Javi Sanmartín no 61), Adrián Armental, Carlos García, Juan Antonio (Joel López no 61), Joselu, Marcos Álvarez (Luis Rodríguez no 79).
PONTEVEDERA CF (2): Edu, Churre (Campillo no 71), Kevin (Arruabarrena no 60), Álex Fernández (Antón no 71), Javi Pazos (David Castro no 60), Javi López (Álex González no 71), Pedro Vázquez (Mouriño no 71), Adrián León (Berrocal no 60), Romay (Jesús no 71), Nacho Lorenzo, Nacho López.
Goles: 0-1, Kevin, minuto 54; 0-2, Romay, minuto 66.
Árbitro: Adrián González Franco, colexio de Ferrol, que amonestou o visitante David Castro no minuto 78.
Incidencias: A Malata, 1.200 espectadores. A recadación ascendeu a 32.000 euros e irá destinada a dúas entidades da Coruña e Ferrol.
Relacionadas:
-
Peche á pretempada granate cun empate sen goles ante o Alondras
Por Redacción |
-
Luismi: "Realmente queremos ver hasta dónde podemos llegar"
Por Diego Espiño |
-
Pibe por lesión e Javi López por sanción, baixas seguras do Pontevedra para o debut ligueiro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra cumpre coa súa tradición de inicio de tempada
Por Redacción |
-
Ensaio xeral en Ferrol a unha semana de iniciar a liga
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra vence en Betanzos e mantén a súa imbatibilidade na pretempada
Por Redacción |
-
Arruabarrena, a menor ritmo no seu primeiro día como granate
Por Diego Espiño |
-
Mikel Arruabarrena é o dianteiro elixido polo Pontevedra para pechar o seu plantel
Por Diego Espiño |