A Federación Galega de Piragüismo crea no Pontillón o Centro de Estudos Jesús Morlán
Por Redacción
Ofrecer propostas de actualización profesional e renovar a oferta formativa. Con ese obxectivo a Federación Galega de Piragüismo abre as portas do Centro de Estudos de Ensinos Especiais Jesús Morlán Fariña.
Este centro, en homenaxe ao adestrador máis laureado da historia do piragüismo galego e clave nos éxitos de David Cal, poñerase en marcha precisamente no complexo deportivo que leva o nome do seu ex-pupilo, nas instalacións situadas no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido.
A súa oferta inicial comprende o Ciclo Medio de Técnico Deportivo de Augas Tranquilas que se divide en dous partes, un ciclo inicial (450 horas) e outro ciclo final (650 horas).
Para poder acceder a esta titulación hai que inscribirse entre o 20 e 31 de agosto de 2018 e superar as probas de acceso que se programaron para o día 7 de setembro.
O ciclo medio comezará o seu curso lectivo en outubro para finalizar o mes de maio, sendo os días lectivos as fins de semana.