Embutidos Lalinense apea ao Cisne da Copa Galicia nos penaltis (32-32)
Por Redacción
Saltou a sorpresa no Lalín Area e o conxunto local deixou fóra das semifinais da Copa Galicia de Balonmán ao Cisne, ao impoñerse nos lanzamentos de penaltis aos de Jabato, despois de que o tempo regulamentario terminase con empate (27-27) e a correspondente prorroga non lograse tampouco romper a igualdade (32-32).
Embutidos Lalinense tivo o partido perdido pero soubo sobrepoñerse sempre tras conseguir os de Milucho dous empates agónicos, o primeiro para forzar a prórroga, e o segundo para levar o partido aos penaltis, nos que os locais conseguiron o pase ao transformar os seus cinco lanzamentos, o último obra de Porto, que sentenciaba a eliminatoria, mentres os pontevedreses só lograron materializar tres dos catro lanzamentos que realizaron.