Luismi márcase como obxectivo "intentar hacer de Pasarón un fortín"
Por Diego Espiño
Tras o "palo" que supuxo comezar a liga perdendo a domicilio ante Unionistas, o Pontevedra pasa páxina e céntrase xa na visita a Pasarón (domingo, 19:00 horas) dun dos máximos candidatos ao ascenso, a Cultural Leonesa.
"La mejor manera de quitar esas malas sensaciones y ese malestar es ganando", asegura Luismi, que marca como obxectivo "intentar hacer de Pasarón un fortín", segundo sinalou este mércores en rolda de prensa.
O técnico granate queda con aspectos positivos da primeira xornada, como o feito de ter concedido poucas ocasións de gol, aínda que recoñece á súa vez a falta de profundidade en ataque. É un dos aspectos que tentará corrixir ante un equipo como a Cultural con "mucho talento" e "jugadores a nivel individual que pueden marcar las diferencias".
"Hay que tener mucho cuidado, es el títpico partido en el que el nivel de concentración debe ser máximo", incide o preparador granate, que seguirá sen poder contar con Pibe por lesión pero que espera ter á súa disposición ao resto do plantel.
En canto á idea de facerse forte na casa, "es algo que tenemos que conseguir desde el primer partido", defende Luismi, que fala de "marcar nuestro territorio" e que os rivais saiban que "venir a Pasarón es pasarlo muy mal e irse de vacío".
Tras o choque ante o cadro leonés, o Pontevedra xogará fóra ante o Navalcarnero para recibir despois no seu estadio o Valladolid B o domingo 16 de setembro.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Luismi, adestrador do Pontevedra e 'estirador' de cola caos na infancia
Por Marisa Ciordia |
-
Álex González fai estalar Pasarón no desconto para derrotar á Cultural Leonesa (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Proba esixente para o Pontevedra no seu primeiro partido na casa da tempada
Por Diego Espiño |
-
Deslucida presentación da nova camiseta do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Unionistas amarga o debut dun gris Pontevedra (1-0)
Por Redacción |
-
Peche á pretempada granate cun empate sen goles ante o Alondras
Por Redacción |
-
Luismi: "Realmente queremos ver hasta dónde podemos llegar"
Por Diego Espiño |