Támara Echegoyen e o Mapfre reciben o Premio Nacional de Vela
Por Redacción
O Monte Real Club de Yates de Baiona acolleu na tarde deste sábado a cerimonia de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, un acto no que o Mapfre, subcampión da Volvo Ocean Race 2017-18, recibiu o galardón ao Mellor Equipo de Regatas.
O equipo liderado polo patrón vasco Xabi Fernández e dirixido polo cuntiense Pedro Campos obtivo o mellor resultado na historia da volta ao mundo de vela grazas a un meritorio segundo posto na Volvo Ocean Race, na que se proclamou vencedor xeral das regatas costeiras, gañou tres etapas e fixo podio en 8 das 11 etapas disputadas.
Recolleron o galardón en representación de Mapfre e todo o seu equipo Támara Echegoyen, tripulante e primeira española na historia en completar a Volvo Ocean Race, e Eva Piera, Directora Xeral de Relacións Externas de Mapfre.
Ademais do Mapfre tamén foron premiados o pentacampeón do mundo de J80 “Princesa Yaiza” (monotipo do ano), as subcampioas do mundo de 470 Silvia Mas e Patricia Cantero (equipo olímpico do ano), o campión do mundo de Swan 45 Luís Senís (armador do ano), o vencedor da Copa do Rey MAPFRE e a Copa da Raíña “Pez de Abril” (barco do ano) e a Axencia EFE (Premio Mariano Augado de Comunicación).
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen encara o Mundial de Nova Zelandia, penúltima oportunidade para clasificarse para os Xogos
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, obrigada a retirarse por lesión no Europeo 49er FX de vela
Por Redacción |
-
Marta Míguez presenta en San Vicente a "Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época"
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen pecha a súa participación no Mundial de vela no vixesimoterceiro posto
Por Redacción |
-
Echávarri e Pacheco avanzan á fase final do Mundial na décima posición
Por Redacción |