Ponte1Reto completa o seu desafío máis especial
Por Redacción
Non era o desafío máis complicado de cantos afrontaron nos últimos anos, pero pode que fose o máis emotivo.
O equipo Ponte1Reto completou este domingo os 310 quilómetros que separan Porto e Santiago de Compostela dentro da súa campaña de recadación de fondos para adquirir unha bicicleta adaptada para a Asociación Amencer.
Unha vintena de ciclistas tomaron parte desde as 16:00 horas do sábado no reto, concretamente desde Oliveira de Azimeis, lugar de saída, para continuar polo Camiño Portugués ata Compostela pasando por Porto, Esponsede, Viana do Castelo, Caminha, Valença, Tui, Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas, Padrón e Santiago.
O que non esperaban os deportistas de Ponte1Reto era a visita que ían recibir ao seu paso por Pontevedra, onde un dos seus integrantes, ao que todos tiñan nos seus pensamentos, acudiu a saudalos.
Ese integrante era Juan Hernández, membro do equipo e que se recupera dunha importante lesión medular sufrida como consecuencia dunha dura caída. Juan recibiu permiso para abandonar por unhas horas o hospital onde se está a recuperar e non dubidou en achegarse a animar aos seus amigos e compañeiros de aventuras.
Todo un exemplo de superación que serve de maior motivación se cabe para manter aberta a campaña de doazóns, á que aínda se pode acceder a través da dirección web https://www.gofundme.com/elcaminodejuanparaamencer.
Relacionadas:
-
O club ciclista Ponte1Reto entrega por terceiro ano consecutivo unha bicicleta adaptada a Amencer-Aspace
Por Redacción |
-
Ponte1Reto cumpre o seu obxectivo e entrega un triciclo adaptado a Amencer-Aspace
Por Redacción |
-
Amencer-Aspace organiza unha gala solidaria para adquirir novas bicicletas adaptadas
Por Redacción |
-
Ponte1Reto abordará o Camiño de Santiago Portugués en homenaxe a un compañeiro accidentado
Por Redacción |
-
Novas ilusións e obxectivos solidarios para o equipo Ponte1Reto
Por Redacción |