O Balonmano Nava será o rival do Cisne na primeira rolda da Copa do Rei
Por Redacción
A sede da Real Federación Española de Balonmán foi escenario este luns do sorteo da primeira rolda da Copa do Rei, co Club Cisne Balonmán no bombo.
Nesta primeira eliminatoria, a partido único, participan todos os equipos da División de Honra Prata, entrando na seguinte rolda xa equipos da Liga Asobal como o outro conxunto pontevedrés, o Teucro.
En canto ao Cisne, os de Jabato quedaron emparellados co Balonmano Nava, tendo que xogarse o choque en Pontevedra.
Esta primeira rolda da Copa disputarase a fin de semana do 29 e o 30 de setembro.
O resto de emparellamentos foron: Santoña-Torrelavega, Sant Martí-Puerto Sagunto, Bordils-Barcelona B, Palma del Río-ANtequera, Villa de Aranda-Alarcos Ciudad Real, Atlético Novás-Agustinos Alicante e Zarautz-Zamora.
Relacionadas:
-
O Cisne fai o difícil para afundirse nos últimos minutos fronte ao Barcelona B (33-37)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Cisne rasca un punto en Zarautz na súa estrea ligueira (25-25)
Por Redacción |
-
Subida de prezos do Cisne nunha campaña de socios dirixida ao público familiar
Por Diego Espiño |
-
Embutidos Lalinense apea ao Cisne da Copa Galicia nos penaltis (32-32)
Por Redacción |
-
O Cisne ponse en marcha con 15 xogadores e a "misma ilusión de siempre"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |