O teucristas Domingo Luis e Sergio Pérez estarán nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción
Dous xogadores da Sociedad Deportiva Teucro competirán na próxima edición dos Xogos Olímpicos da Mocidade, que se celebrarán entre o 6 e o 13 de outubro en Bos Aires, Arxentina.
A Real Federación Española de Balonmán fixo pública este martes a convocatoria do equipo xuvenil de balonmán praia que tomará parte na competición olímpica.
Nela atópanse Domingo Luis e Sergio Pérez, dous das novas promesas que aterraron este verán en Pontevedra para alternar entre o primeiro equipo na Liga Asobal e o conxunto filial de Primeira Nacional.
Ambos os dous xogadores atópanse na lista de 9 que completan Guillermo García-Cabanas, Pedro Rodríguez, Adrián Bandera, Carlos González, Pau Ferré, David Martínez e Sergio Venegas.
Sergio Pérez e Domingo Luís están citados en Madrid o día 28 de setembro para realizar unha breve concentración ata o 1 de outubro, data na que o Comité Olímpico Español convocou a toda a expedición para emprender o camiño a Bos Aires, polo que causarán baixa no Teucro durante varias semanas.
A Selección Española xuvenil de balonmán praia competirá nos Xogos Olímpicos de Mocidade contra Venezuela, China, Tailandia, Uruguai e Hungría na fase inicial da competición. Os tres primeiros clasificados accederán á ' main round' xunto cos tres primeiros clasificados do Grupo B que integran Italia, Arxentina, Portugal, Paraguai, Mauricio e Croacia. Despois, os catro primeiros clasificados accederán á loita polas medallas nas semifinais.
Relacionadas:
-
A representación pontevedresa nos Xogos da Mocidade pon rumbo a Arxentina
Por Redacción |
-
Demasiado Logroño para un moi digno Teucro coa baixa de Cutura (26-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ciudad de Logroño, un óso duro para o Teucro na busca do seu primeiro triunfo da tempada
Por Diego Espiño |
-
O Teucro cede en Guadalaxara na súa primeira saída do curso (31-26)
Por Redacción |
-
O Teucro, a augar as festas patronais de Guadalaxara
Por Diego Espiño |
-
Empate que sabe a gloria a un Teucro lastrado polo seu mal inicio ante BM Sinfín (23-23)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Copa Galicia cambia outra vez de mans e vén a Pontevedra ao remontar o Teucro ao Cangas (34-33)
Por Redacción |
-
Sergio Pérez e Domingo Luis, fichaxes de futuro para o Teucro
Por Redacción |