O Cisne rasca un punto en Zarautz na súa estrea ligueira (25-25)
Por Redacción
Puntuar fóra da casa foi unha das materias pendentes do Cisne nas últimas tempadas, pero os de Jabato iniciaron o curso con boas sensacións e rascando un punto no País Vasco, na súa visita á cancha do Amenabar Zarautz (25-25).
Os pontevedreses dominaron durante gran parte do choque, empezando cun parcial de 1-4 de saída que lles outorgaba a iniciativa no xogo.
Tentaba responder o cadro local, pero o Cisne atopábase cómodo e chegaba ao descanso cun esperanzador 12-15.
Non cambio moito a cousa ao comezo do segundo acto, ata que se chegou ao seu ecuador co Zarautz empatando a contenda (19-19). Empezou a partir de aí outro encontro, cun final tremendamente igualado no todo puido pasar, aínda que o que sucedeu finalmente é que ambos os dous equipos asinaron as táboas.
Un punto con todo positivo que os de Jabato tentarán facer aínda mellor o vindeiro sábado vencendo ao Barcelona B no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Consulta a acta do partido na web da Real Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
O Cisne cae ante un Novás que non deu un só respiro
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne fai o difícil para afundirse nos últimos minutos fronte ao Barcelona B (33-37)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Balonmano Nava será o rival do Cisne na primeira rolda da Copa do Rei
Por Redacción |
-
Subida de prezos do Cisne nunha campaña de socios dirixida ao público familiar
Por Diego Espiño |