O Froiz faise co liderado na primeira xornada da Volta a Galicia
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz comezou con bo pé o seu defensa da Volta a Galicia de ciclismo, ao impoñerse na contrarreloxo por equipos da primeira xornada, disputada en Verín.
A escuadra alimenticia foi a máis rápida dos 18 equipos en liza cun tempo de 11 minutos e 33 segundos, superando en 12 segundos o Lizarte e en 16 o Cortizo.
Evaristo Portela decidiu que Óscar Brea fose o primeiro dos seus corredores en cruzar a liña de meta, polo que se converteu no primeiro líder da competición.
Agora o Froiz, que rodou a unha media superior ao 51 km/ h, deberá defender a súa renda nas tres esixentes etapas que quedan por diante, empezando este mesmo venres en Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Sergio Vega e o Froiz arrasan na Volta a Galicia
Por Redacción |
-
Intacta a xeral, a Volta chegará ao seu fin con Sergio Vega de líder
Por Redacción |
-
O Froiz, a poñer a guinda á tempada na Volta a Galicia
Por Diego Espiño |
-
Cortes de tráfico en Sanxenxo con motivo da Volta a Galicia de ciclismo
Por Redacción |
-
O Froiz asina un triplete na casa e leva o Trofeo Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Sanxenxo perfílase como xornada decisiva na Volta a Galicia de ciclismo
Por Redacción |