230 ciclistas participaron na BTTroita
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas celebrou unha nova edición da súa proba de ciclismo todo terreo, BTTroita, na que participaron uns 230 ciclistas chegados dende distintos puntos de Galicia. A xornada celebrouse nun ambiente fantástico e cun tempo espectacular para cubrir os case 38 quilómetros do percorrido.
Antes do comezo da proba gardouse un minuto de silencio en memoria de Marcio Pérez Santana, o veciño de Anceu que resultou morto en estrañas circunstancias polos disparos da Policía Militar brasileira en Salvador de Bahía.
A organización técnica estivo a cargo da empresa Global DxT Pontevedra, que garantiu un percorrido perfectamente sinalizado, un punto de avituallamento e unha "fun zone" na liña de saída e meta.
O Concello apoiou tamén a proba cun amplo dispositivo de Protección Civil, coordinado coa Policía Local e a Garda Civil, dado que a proba, aínda que discorreu fundamentalmente polos montes caldelás, tamén ocupou algúns tramos de asfalto.
Na entrega de premios, presidida polo tenente de alcalde Enrique Vidal, galardonouse ao participante de maior idade, que conta 60 anos, e ao de menor idade, con 17. Tamén ao club máis numeroso, que resultou ser o Rachacunetas.
Relacionadas:
-
157 ciclistas gozaron da VI edición da BTT Troita en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A sexta edición da BTTroita contará con 231 participantes
Por Redacción |
-
Xa está todo listo para a sexta BTT Troita de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A BTTroita aposta polo mes de setembro para a súa quinta edición
Por Redacción |