Remontada do Poio Pescamar en Alacante para comezar a liga con bo pé (2-3)
Por Redacción
A etapa de Dani Díaz no Poio Pescamar comezou este sábado cun triunfo de mérito na sempre complicada pista do Universidad de Alicante (2-3).
As vermellas remontaron dous goles en contra para sumar os tres primeiros puntos da tempada e iniciar a liga con bo pé.
No comezo do choque a presión alta, en tres cuartos de campo, das locais asfixiaba ao Poio, que non se atopaba cómodo. Silvia era a mellor do equipo desde a portería, pero nada puido facer ante o potente disparo de Carmen García que poñía o 1-0 aos 13 minutos de xogo.
O conxunto vermello tentou ir a por o empate, pero o que chegou foi o segundo do Universidad, por medio de Ana María Pino. Clave resultou con todo o gol de Carol só un minuto despois para recortar distancias aproveitando unha xogada de estratexia.
Así se chegaría ao descanso, con todo por decidir. Aínda que o tentaba en xogada, foi de novo a estratexia a que desbloqueou ao equipo adestrado por Dani Díaz, logrando Iria Saeta poñer o 2-2 no minuto 31.
Sen tempo case nin para repoñerse, Antía completaba a remontada no 33. Tocaba defender, máis cando as locais apostaron no tramo final polo xogo de cinco na busca dunha igualada que non chegou. Os tres puntos viñan para Poio.
UNIVERSIDAD ALICANTE (2): Jenny, Carmen, Lara Terrés, Ana María Pino, Elena -cinco inicial Moni, Melli, Pao, Patri, Ángela.
POIO PESCAMAR (3): Silvia, Ale de Paz, Jenny, Ceci, Antía -cinco inicial- Iria Saeta, Irene, Carol Agulla, Jessy, Daniela Sousa.
Árbitros: David Astudillo e Sergio Bernardino. Amoestaron a Jenny Lores no Poio Pescamar.
Goles: 1-0 Carmen García (min.23); 2-0 Ana María Pino (min.17); 2-1 Carol Agulla (min.18); 2-2 Iria (min.31); 2-3 Antía (min.33).
Incidencias: Primeira xornada de liga na Primeira División de fútbol sala disputado no Pabellón Universidad de Alicante.
Relacionadas:
-
O Poio vence en Móstoles e agárrase á parte alta da táboa (0-4)
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Poio Pescamar regresa á liga cunha goleada ante o Sala Zaragoza (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar volve á competición ante o Sala Zaragoza en horario dominical
Por Redacción |
-
Carol Agulla e Antía Pérez pasan o último corte e estarán nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Diego Espiño |
-
Os novos equipamentos do Poio Pescamar, estrelas na presentación do equipo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A nova camiseta do Poio Pescamar, máis 'conserveira' que nunca
Por Redacción |