Comeza a IV edición do Circuito a la Inversa na Ría de Pontevedra
Por Sofía Lorenzo
A Ría de Pontevedra acolleu este luns a primeira etapa do Circuíto á Inversa para cruceiros, que celebra este ano o seu cuarto aniversario. Nesta ocasión, a pesar do pouco vento que acompañou o inicio da proba e que despistou aos participantes, esta puido desenvolverse sen mayores complicacións, chegando a alcanzarse os oito nós.
Os organizadores do encontro deportivo foron o Club Náutico de Beluso e Ro Yachts Club, coa colaboración do Porto Deportivo de Combarro e do establecemento 'O Pañol', entre outros, que organizaron un aperitivo para os participantes antes da proba. A saída da mesma realizouse no horario previsto, ás 14:00 horas desde as inmediacións do porto de Bueu.
A modalidade da regata 'á inversa' consistía nunha proba contrarreloxo, onde as embarcacións participantes, comezando pola máis lenta, foron facendo a súa saída coa diferenza de tempo que tivesen con respecto aos seus rivais sobre a distancia do percorrido para realizar pola ría pontevedresa, un traxecto de case nove millas (uns 14 quilómetros).
A embarcación Vagalume, de Luís Vidal, tomou o mando durante unha boa parte da etapa, seguido polo Petrilla, de Jaime Barreiro (ambos os barcos do RCN Sanxenxo). O bo rumbo dos de O Salnés terminou cando o Oral Group Galimplant gañou distancia sobre o resto de tripulacións. Finalmente, este último coroouse como vencedor na orde absoluto e na súa clase.