Máis de 400 deportistas participarán na novena carreira Pinga Pinga
Por Redacción
A novena edición da Carreira Pinga Pinga volverá ser todo un éxito de participación.
Máis de 400 deportistas confirmaron a súa presenza no evento popular organizado polo Club Deportivo Pinarium e que se celebrará este sábado 6 de outubro en Santo Tomé de Piñeiro.
O campo de fútbol da parroquia será un ano máis punto de partida e meta da proba, con carreiras programadas desde as 16:10 da tarde nas diferentes categorías (benxamín, alevín, infantil-cadete, chupetes e categoría de adultos. Esta última será a proba estrela a partir das 17:05 da tarde, cun percorrido de 7,2 quilómetros (3 voltas ao circuíto).
Ademais programación completaraa por terceiro ano unha andaina de 5,5 quilómetros que partirá ás 17:00 horas e como novidade poderase competir na modalidade de remudas, cun corredor en cada unha das voltas previstas.
Os premios económicos establecéronse en 200 euros para o gañador, 100 euros o segundo clasificado e 50 euros o terceiro tanto para a categoría adultos masculino como feminino, mentres que os 250 primeiros inscritos recibirán de agasallo unha camiseta conmemorativa.
Relacionadas:
-
Canceladas a 'Carreira' e a 'Andaina Pinga Pinga' con motivo da Covid
Por Redacción |
-
Máis de 500 persoas visitan Santo Tomé de Piñeiro para participar na Pinga Pinga
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
A carreira Pinga Pinga homenaxeará á ex xogadora de balonmán Begoña Fernández na súa novena edición
Por Redacción |