O Tenis de Mesa Monte Porreiro empata en Cambados e suma o seu segundo punto en Superdivisión
Por Redacción
Segunda xornada na Superdivisión masculina de tenis de mesa e segundo empate do Tenis de Mesa Monte Porreiro, nesta ocasión no derbi provincial de recentemente ascendidos ante o Cambados.
O conxunto pontevedrés levou a iniciativa do encontro. Seu foi o primeiro punto ao remontar Nico Galvano a Stefan Shaposhnikov (1-3), pero a cada punto do Monte Porreiro respondían os locais que igualaron co punto de Qui Liang sobre Nacho Fernández (3-1).
Horacio Fuentes gañou os seus dous choques devolvendo en ambas as ocasións o mando aos visitantes, superando con autoridade a Fernando Padín (0-3) e Shaposhnikov (0-3), pero nin Nic Galvano ante Liang (3-0) nin Nacho Fernández ante Padín (3-1) conseguiron rematar.
Ao final repartición de puntos que deixa ao Monte Porreiro no medio da táboa, nunha cómoda sétima posición con 2 puntos, e ao Cambados noveno con 1 punto.
A próxima xornada, que se disputará o domingo 14 de outubro, os pontevedreses recibirán ao actual líder, o Irún Leka Enea.
Relacionadas:
-
O Visit Pontevedra masculino xa non é invicto tras caer ante o Vilagarcía (4-2)
Por Redacción |
-
O Visit Pontevedra frea o Irún e suma un novo punto na Superdivisión de tenis de mesa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro debuta na Superdivisión Masculina cun empate
Por Sofía Lorenzo |