A ximnasia rítmica é unha viaxe exprés no tempo, así que Sabela Córdobacambiou as punteiras con pouco máis de vinte anos pola botas. Lembra que os seus pais eran montañeiros e que nalgunha saída participara, pero non sentiu verdadeiramente a chamada da montaña ata hai pouco tempo. Agora forma parte do equipo de tecnificación de novos alpinistas galegos que impulsa a Federación Galega de Montañismo.
Fala no Cara a cara dos primeiros metros que escalou xunto ao Club Aromon Montañeiros Pontevedra; da aprendizaxe que recibiu con eles e do compañeirismo que se vive nesta disciplina deportiva.
Aínda é un deporte con predominio do home na súa práctica, coidado que elas están xa pisando forte. De feito ilumínanselle os ollos cando fala de Edurne Pasabán.Sabela representa ademais o rexuvenecemento deste deporte de alto risco.
Di en PontevedraViva Radio que o feito de que a escalada se inclúa nas Olimpíadas de 2020 vai ser un revulsivo para a súa práctica. Iso si, tamén insiste: que ninguén se tire ao monte polas boas, ante todo: sentidiño e formación previa.