O tenis galego queda sen representación no VII Torneo Internacional ITF de Pontevedra
Por Redacción
O VII Torneo Internacional Júnior ITF de Tenis de Pontevedra avanza cara ás súas roldas finais, pero faio xa sen ningún xogador local nos seus cadros de competición.
A derrota da arousá Jéssica Bouzas en dobres deixa sen representación galega a fase final.
Tampouco conseguiron pasar de primeira rolda ningunha dos xogadoras procedentes da fase previa feminina, un cadro no que xa cedeu a súa principal cabeza de serie, a española Marta Cusic, que se viu sorprendida en primeira rolda pola suíza Nina Geissler.
No cadro masculino con todo o máximo favorito, o británico Jacob Fearnley, avanza con paso firme e xa se coou nos cuartos de final superando con autoridade ao francés Allan Deschamps (6-0 e 6-1). Na terceira rolda está tamén xa o español Carlos Gimeno.
Ata o vindeiro domingo 14 de outubro seguirase disputando o VII Torneo Internacional Júnior ITF de Tenis nas pistas do Casino Mercantil.