O Arxil presenta a Cassie Oursler, que poderá debutar ante o Celta
Por Diego Espiño
Cassie Oursler converteuse este xoves oficialmente en xogadora do Club Baloncesto Arxil, tras superar o período de proba e convencer á adestradora do equipo pontevedrés, Mayte Méndez.
Desta forma as verdes cobren unha posto clave no equipo, o de pívot, que quedara descompensado tras a inesperada saída de Sierra Clark.
A estadounidense, de 22 anos e 1,93 metros de altura, únese ao Arxil para competir ata final de tempada na Liga Feminina 2, e incorporarase ao equipo técnico das escola municipal de baloncesto que tutela a entidade para fomentar a educación bilingüe das xogadoras da canteira.
A directiva arxilista moveuse rápido para axilizar ps trámites necesarios ante Estranxeiría e ante a Federación Española de Baloncesto e poderá debutar este mesmo sábado (18:30 horas) en Vigo no complicado desprazamento á cancha dun dos grandes favoritos ao ascenso, o Celta.
Ourser chega a Pontevedra tras un paso fugaz polo Cadí la Seu de Liga Feminina e un período a proba errado no Bembibre. O pasado curso, na liga universitaria estadounidense, alcanzou unhas notables cifras de 13,7 puntos e 7,2 rebotes por partido na Universidade de Buffalo.
Relacionadas:
-
O Arxil busca a súa primeira vitoria na visita do Ibaizábal ao CGTD
Por Redacción |
-
Segundo derbi consecutivo para o Arxil, que se enfrontará ao Cortegada en Vilagarcía
Por Redacción |
-
A pívot estadounidense Cassie Oursler, a proba no Arxil para cubrir a saída de Sierra Clark
Por Diego Espiño |
-
O Arxil non logra impoñerse ao recentemente ascendido Mataró (53-64)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |