O Poio Pescamar regresa á liga cunha goleada ante o Sala Zaragoza (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado
O Poio Pescamar impúxose esta fin de semana ao Sala Zaragoza. E non o fixo cun resultado calquera, xa que logrou a súa segunda vitoria de liga cunha gran goleada ao conxunto visitante. Así, o cadro pontevedrés regresou á competición, despois dun parón de dúas semana con motivo da celebración dos Xogos Olímpicos da Mocidade, demostrando que a categoría non lle vén nada grande.
O partido comezou bastante igualado na Seca entre dous equipos que se envorcaban sobre a portería rival e que presionaban a saída do balón do contrario. Despois de seis minutos de xogo, Daniela Sousa culminaba unha boa actuación ofensiva do Poio, logrando o 1-0 no marcador. E así non fixeron máis que comezar as locais.
O primeiro gol permitía ás poienses acougar en certa medida os seus nervios xa que agora seguirían xogando cunha pequena vantaxe. Pola súa banda, o Zaragoza non conseguía, por máis que o tentaba, aproveitar que as súas rivais cargaban con cinco faltas. A piques de chegar o descanso, Irene conseguiu, cun potente disparo, o 2-0.
Parecía que o paso polos vestiarios non lle sentara ben ás locais, xa que o Zaragoza comezou dominando o balón ao comezo da segunda parte. Tiveron varias ocasións de gol Jessica, Lioba e Rapha, que non atoparon a portería. Con todo, grazas a unha boa actuación colectiva, Daniela Sousa puido acertar de novo na portería, establecendo o 3-0.
O gol pontevedrés non lles veu nada ben ás zaragozanas, que tentaron volver tomar o control do xogo pero carecían de acerto. No tramo final, as rojillas certificaban a súa segunda vitoria da tempada con goles de Ceci, que aproveitou un rexeitamento a lanzamento de 10 metros dela mesma, e de Jenny, que culminou un bo ataque local (5-0).
POIO PESCAMAR (5): Silvia; Ale de Paz, Jenny, Ceci e Jéssica (quinteto inicial). Tambén xogaron, Irene, Cárol, Daniela Sousa e Inés.
SALA ZARAGOZA (0): Yarie; Tania, Jéssica, Sarah e Rapha (quinteto inicial). Tambén xogaron, Almudena, Lioba, Rivera, Boix e Marta.
Goles: 1-0 de Daniela Sousa (6'), 2-0 de Irene (17'), 3-0 de Daniela Sousa (28'), 4-0 de Ceci (38') e 5-0 de Jenny (40').
Árbitros: Martínez Torres e Rodlán Pérez do colexio galego. Recibiron cartulina amarilla Jéssica do Poio e Sarah do Sala Zaragoza.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca.
Relacionadas:
-
Un Poio Pescamar atascado na segunda parte non logra plantarlle cara ao Roldán (3-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar suma a súa cuarta vitoria consecutiva ante o Guadalcacín (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O Poio vence en Móstoles e agárrase á parte alta da táboa (0-4)
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Móstoles, exame ao bo inicio de liga do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar mira ao mercado brasileiro para cubrir a baixa de Antía
Por Diego Espiño |
-
Remontada do Poio Pescamar en Alacante para comezar a liga con bo pé (2-3)
Por Redacción |