Preto de 1.500 persoas deixan a súa pegada no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Case consegue a organización do Medio Maratón de Pontevedra o reto de alcanzar os 1.500 participantes nesta vixésima terceira edición, que se celebrou durante a mañá deste domingo día 21 nas rúas da cidade. Antes do comezo da proba, eran máis de 1.300 os inscritos xa co seu dorsal.
Ademais, todos os deportistas que formaron parte da carreira recibiron unha camiseta e tamén todo o equipamento para poder facerlle fronte da mellor forma posible aos 21 quilómetros do traxecto. O medio maratón comezou ao redor das 11:00 nas inmediacións da Ponte dos Tirantes en dirección a Marín, onde se agruparon todos os participantes antes do pistoletazo de saída ofrecendo unha imaxe de gran deportividade pontevedresa.
Entre os corredores podían atoparse persoas de todas as idades a partir dos 18, que gozaron dun gran reto atlético mentres disfrutaban da estampa pontevedresa a través das súas rúas e prazas e as enchían de cor.
Na metade do percorrido, ao seu paso pola Praza de España, reuníronse multitude de persoas que aplaudían incansablemente aos corredores animándolles para continuar. Á súa vez, varios participantes chegaron a interactuar cos asistentes á cita pedindo aínda máis aplausos, ao que todos respondían positivamente sen dubidalo.
Finalmente, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva foi o lugar onde se colocou a liña de meta da proba, á que empezaron a chegar os corredores a partir das 12:00 horas, aproximadamente.
O máis rápido foi Alejandro Fernández, que cruzou a meta cun tempo de 01:07:00. O seu triunfo foi incontestable. Superou en case dous minutos ao segundo clasificado, Manuel Hurtado. Terceiro foi Miguel Penedo, que entrou a catro minutos do gañador.
Entre as mulleres, a gañadora foi Paula Mayobre, que completou os 21 quilómetros da carreira en 01:16:52. A segunda clasificada foi María Jesús Gestido, que chegou cun tempo de 01:21:29; mentres que a terceira praza foi para Beatriz Fernández, que parou o crono en 01:27:01.
Relacionadas:
-
Éxito de participación no Medio Maratón de Pontevedra coa vitoria de Anxo Castro e Beatriz Fernández
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Medio Maratón de Pontevedra aspira a superar os 1.500 corredores
Por Manu Otero |
-
O medio maratón de Pontevedra incorpora este ano unha carreira de 10 quilómetros
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Compartindo experiencia do medio maratón de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
O Medio Maratón de Pontevedra confía en chegar aos 1.500 corredores
Por Redacción |
-
O sol acompaña e Pontevedra goza co seu medio maratón
Por Diego Espiño & Diego Torrado |