O Arxil busca a súa primeira vitoria na visita do Ibaizábal ao CGTD
Por Redacción
Non empezou a tempada como esperaba o Club Baloncesto Arxil, que este sábado terá unha nova oportunidade de estrear o seu marcador de vitorias na Liga Feminina 2 na visita do GDKO Ibaizábal.
O conxunto verde afronta a cita sen baixas e coa intención de mellorar no seu xogo despois de tres semanas complicadas.
"Temos que estar moi ben a nivel defensivo e no rebote para poder frealas, que o partido sexa competitivo e igualado ata o final", sinalou desde o club Lino Vázquez.
Pola súa banda o equipo vasco, que a pasada campaña meteuse na pelexa polo ascenso á máxima categoría, chega a Pontevedra desde o noveno posto e cun balnce provisional dunha vitoria e dúas derrotas nas primeiras xornadas de liga.
O encontro dará comezo ás 19:30 horas do sábado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.