O Poio vence en Móstoles e agárrase á parte alta da táboa (0-4)
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Despois da vitoria en casa por goleada ao Sala Zaragoza (5-0), o Poio Pescamar asegúrase un oco na parte alta de táboa tras plantarlle cara o Móstoles, que comezou controlando o partido pero, aos poucos, foi perdendo terreo ante as pontevedresas.
As ocasións de gol que tiveron as madrileñas ao comezo do partido foron superiores ás das poienses. Con todo, ao longo dos minutos da primeira metade do encontro, conseguiron equilibrar o desenvolvemento do xogo. Desta forma, chegaron a plantarse os dous equipos con perigo ante a portería rival.
A un minuto do remate da primeira parte, Ceci conseguiu anotar o primeiro tanto cun potente disparo desde o frontal de área. Así, os equipos fóronse ao descanso cun 0-1 no marcador e a vantaxe das pontevedresas sobre as locais, a pesar do empeño de éstar por igualar o choque.
Tras o regreso dos vestiarios, o Móstoles buscaba presionar con intensidade a saída de balón das rojillas, que optaron pola sorpresa e actuar con gran velocidade no contragolpe. O transcurso dos minutos obrigaba ás madrileñas a arriscarse máis, sobre todo despois do 0-2 obra de Sousa.
As locais cambiaron o seu xogo e optaron polo de cinco, que inicialmente lles concedeu maior posesión, pero tamén permitiron ás do Poio pechar a súa vitoria con dous goles máis a porta baleira. Un deles foi obra de Ceci e o último de Iria tras un roubo de balón. Esta vitoria permítelle ao equipo galego adxudicarse un dos postos de privilexio da táboa contando con dous partidos menos que o resto de equipos (0-4).
Móstoles (0): Silvia; Jessy, Jenny, Ceci e Ale de Paz -quinteto inicial-, Irene, Sousa, Cárol e Iria.
Poio Pescamar (4): Miriam; Inma, Carmen, Patri Chamorro e Celia -quinteto inicial-, Desi, Alicia Benete, Shiori e Rocío.
Goles: 0-1 Ceci (19'), 0-2 Sousa (34'), 0-3 Ceci (38') e 0-4 Iria (40').
Árbitros: Daniel Fernández Cárdenas e Alejandro Jarque Ruiz do colexio madrileño, que mostraron amarela a Miriam, Inma, Carmen e Desi do Móstoles e a Jenny e Iria do Poio.
Incidencias: Pavillón Villafontana ante preto de 250 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar asume ante o líder a súa segunda derrota consecutiva (2-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Un Poio Pescamar atascado na segunda parte non logra plantarlle cara ao Roldán (3-1)
Por Redacción |
-
Antía Pérez, futbolista do Poio Pescamar, operada con éxito da súa lesión no xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar suma a súa cuarta vitoria consecutiva ante o Guadalcacín (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O Poio Pescamar foxe do exceso de confianza ante a visita do pechacancelas, o Guadalcacín
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar regresa á liga cunha goleada ante o Sala Zaragoza (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Remontada do Poio Pescamar en Alacante para comezar a liga con bo pé (2-3)
Por Redacción |