O Visit Pontevedra masculino xa non é invicto tras caer ante o Vilagarcía (4-2)
Por Redacción
Tocou espertar do soño. O Visit Pontevedra de Superdivisión Masculina rompeu a súa racha de equipo invicto tras o encontro ante o Vilagarcía, que logrou a vitoria cun resultado de 4-2. Desta forma, o conxunto de Monte Porreiro posiciónase oitavo na clasificación e o seu rival consegue zafarse, polo menos de momento, da zona de perigo.
Foi un partido duro cos de Pontevedra como visitantes. Os pequenos detalles ao longo dos choques decidiron, finalmente, o resultado dunha xornada moi equilibrada. É posible que a clave da vitoria dos de Vilagarcía estivese no emparellamento entre os dous números 1 de cada equipo. Por unha banda, o belga Michal Obelso por parte dos locais e, por outra, o arxentino Horacio Cifuentes ao lado dos pontevedreses.
Pola súa banda, Horario non foi quen de facerlle fronte ao choque e fóiselle a vitoria despois do primeiro set, que liderou cun 8-10. O mesmo desaproveitou cinco bólas, para acabar cedendo o xogo cun 18-16, algo que lastrou ao do cadro pontevedrés durante o resto do duelo. O seguinte set cedeuno con facilidade. Con todo, cun 2-0 en contra, o arxentino, facendo un esforzo por igualar ao seu rival, conseguiu facer o 2-1. Así mesmo, a tónica do cuarto set foi a igualdade, pero, finalmente, entregoulle a vitoria ao belga por 3-1.
Doutra banda, con 2-0 en contra no resultado xeral, Nico Galvano desfacíase do cubano Reinaldo Cabezas, dándolle, desta forma, o primeiro punto aos pontevedreses. Igualmente, Horacio desfíxose do ucraíno Nigeruk e daba o empate aos do Visit Pontevedra.
Aínda realizando un gran encontro, Nico Galvano non puido co belga Obeslo. Do mesmo xeito que Nacho, non puido co cubano Cabezas, cedendo así, finalmente, os pontevedreses por 4-2 no marcador final.
Con todo, o Visit Pontevedra de Honra Feminina conseguiu vencer, na mañá deste domingo, ao Oroso no Príncipe Felipe. Comenzou perderon o equipo pontevedrés no choque entre Teresa Nine e Daria Kuskova, que venceu á local sumando o 0-1 no marcador. A continuación, empatou o resultado Noelia Santiago, a quen lle tocou medirse ante Cristina Fernández, que lle entregou o xogo á local desde o primeiro set.
A partir do 1-1 todo foi ben para as pontevedresas, que se puxeron por diante tras o duelo entre Noa Bernárdez e Olaya Cea. Nos tres encontros seguintes, tan só Noa cedeu a vitoria a Daria Kuskova, a quen foi incapaz de superar. Con todo, as visitantes non puideron co bo xogo local e fóronse do Príncipe Felipe asimilando a derrota na cuarta xornada.
Relacionadas:
-
Novo empate para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, esta vez ante o Universidad de Burgos
Por Redacción |
-
O Visit Pontevedra frea o Irún e suma un novo punto na Superdivisión de tenis de mesa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro empata en Cambados e suma o seu segundo punto en Superdivisión
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro debuta na Superdivisión Masculina cun empate
Por Sofía Lorenzo |