O Marcón perde por goleada ante o Juvenil (7-1)
Por Redacción
O Marcón perdeu esta fin de semana por goleada ante o Juvenil nun partido dominado enteiramente polos locais, cuxos goles foron anotados case na súa totalidade polo mesmo home, Rubén Besada (cinco dos sete tantos).
No minuto 36 da primeira metade foi Martín López quen marcou o primeiro e único gol dos pontevedreses, cando o Juvenil xa levaba tres. Durante a segunda parte foi máis do mesmo, xa que os locais anotaron catro goles máis, que condenaron ao Marcón a unha dura derrota na décima xornada de liga.
Consulta a acta do Juvenil Ponteareas-Marcón.
Pola súa banda, o Amanecer empatou ante o Estradense nun encontro onde o que primou durante os 90 minutos de xogo foi a rigorosa igualdade. E así foi que tan só conseguiron anotar un gol de cada parte, un deles achegándose o descanso, que lles daba a vitoria temporal aos visitantes, e o segundo no 58', que supoñía a repartición de puntos tras o partido.
Consulta a acta do Estradense-Amanecer.
Doutra banda, o derbi entre o Villalonga e o Juventud Cambados tivo un claro vencedor. Os visitantes gañaron ao conxunto local por unha diferenza de dous goles. Parecía que o Villalonga empezaba con moi bo pé, xa que anotaron o primeiro gol aos dez minutos do comezo do choque. Con todo, catro minutos despois xa se lles acabara esa sensación, cando o Cambados conseguiu marcar o gol do empate. E xa non lograron superar de novo aos visitantes no marcador, que se levarían a vitoria por 1-3.
Consulta a acta do Villalonga-Juventud Cambados.
Pola súa banda, o Xuventú Sanxenxo suma a súa segunda derrota consecutiva tras perder esta fin de semana ante o Bande por un 2-3. Pese ao resultado, o encontro estivo moi igualado desde o principio, só que o conxunto local non logrou volver igualar o choque tras o último gol dos visitantes no minuto 78.
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-Bande.
Igualmente, O Grove non logrou vencer ao Cultural Areas na casa. A pesar diso, perderon por un só gol no minuto 41 da primeira metade. Desta forma, o conxunto do Salnés suma a súa segunda derrota consecutiva e vese obrigado a permanecer na zona de perigo, polo menos de momento.
Consulta a acta do O Grove-Cultural Areas.
Finamente, o Beluso perdeu ante o Pontellas en San Campio. A pesar de que comezou controlando o partido o conxunto de Bueu grazas a un gol de Manuel Reiriz aos cinco minutos do comezo do choque, os locais conseguiron empatar no minuto 44 e, ao final, a vitoria no 57.
Relacionadas:
-
O Marcón logra a súa segunda vitoria consecutiva nun vibrante derbi ante o Xuventú Sanxenxo (3-1)
Por Redacción |
-
Despois de tres xornadas sen coñecer a vitoria, o Marcón imponse ao Villalonga (0-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Marcón empata ante o Estradense e o Sanxenxo rompe a serie do Cambados
Por Redacción |
-
O Marcón cae na casa ante o líder da Preferente, o Pontellas (0-3)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Marcón asalta Mondariz (0-1) e o Cambados gaña por goleada ao Juvenil (1-7)
Por Redacción |
-
O Marcón continúa coa súa mala racha ante un Beluso que logra a súa terceira vitoria
Por Sofía Lorenzo |