Conxura teucrista para empezar a sumar no comezo da 'súa liga'
Por Diego Espiño
A Liga Asobal regresa este sábado ao Pavillón Municipal dos Deportes (20:30 horas) despois de varias semanas, entre encontros a domicilio e o parón da competición, e faino cun dos duelos que está "marcado en rojo" no calendario, recoñece Luís Montes.
A Sociedade Deportiva Teucro deixa atrás un esixente comezo de tempada para recibir a un, a priori, rival directo como o Ángel Ximénez de Puente Genil, co que está empatado a puntos (3) na parte baixa da clasificación.
"Se viene una fase de calendario más acorde a nuestro nivel", sinala Montes, que quere empezar a sumar canto antes para tomar aire na táboa e gañar en confianza. Para iso, explica, "va a ser fundamental que mejoremos en prestaciones defensivas", asegura en relación á imaxe mostrada nas dúas últimas saídas a Granollers e Irún.
Os azuis aproveitaron o parón de Asobal para recuperar a homes que arrastraban diversas molestias físicas, como Samu Gómez, Cutura, Dani Hernández Santana ou Rial. Todos eles perdéronse algunha das sesións de adestramento nas últimas semanas, pero o técnico confía en poder contar co plantel ao completo. Dispoñibles estarán tamén Sergio Pérez e Domingo Luís tras a súa participación nos Xogos Olímpicos da Mocidade.
Os xogadores conxúranse tamén para lograr dous importantes puntos, e tal e como sinala Iván Fernández "jugamos en casa y tenemos que hacer valer ese punto a nuestro favor".
Por parte o Ángel Ximénez o seu adestrador, Julián Ruíz, non terá problema de efectivos en Pontevedra, xa que o seu equipo chega coa única ausencia de Amorin, lesionado de longa duración.
Os colexiados do encontro serán García Mosquera e Rodríguez Rodríguez, do comité territorial galego.
Relacionadas:
-
Cutura non basta a un impreciso Teucro para vencer al Ángel Ximénez (31-34)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A débeda do Teucro segue reducíndose e Carlos García-Alén anuncia a súa candidatura á reelección
Por Ramiro Espiño |
-
O Teucro dilúese en nove minutos e entrega o partido en Irún (32-21)
Por Redacción |
-
Un gol de Iván Fernández a tres segundos do final clasifica ao Teucro en Copa ante o Nava (29-30)
Por Redacción |