O Cisne vence o Puerto Sagunto e fai do CGTD un fortín (32-30)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Fantástico partido e vitoria do Cisne ante un dos pesos pesados: o Club Balonmano Puerto Sagunto.
Empezaron os pontevedreses de forma irresistible na primeira metade. Saía practicamente todo. Múltiples paradas de Juan Novás (60% de efectividade nos primeiros 30 minutos), recuperacións de balón, dando paso a segundas ondas e unha alta efectividade de lanzamento fixeron que rapidamente se puxesen por diante no marcador. Aínda cun bloque defensivo moi duro por parte dos valencianos, foron capaces de atopar os espazos necesarios en ataque e irse ao descanso cunha vantaxe de 6 goles (19-13).
Con todo, xa desde o inicio da segunda parte, a tónica foi outra. Poida que factores como o cansazo ou, simplemente, a típica relaxación tras o paso polo vestiario, fixeron que os locais perdesen esa renda a favor e o partido se convertese nun encontro moito máis complicado do que prometía. Tanto foi así, que o Puerto Sagunto foi capaz de ir recortando distancias aos poucos, ata o punto de empatar a falta de 7 minutos para o final (28-28).
Pero, unha vez máis, os dous puntos quedaron na casa. É incrible o forte que se fai o equipo aquí, coa súa afección. A pesar de ter unha plantilla moi nova, os de Jabato están a ser capaces de recompoñerse de pequenos baixóns e dar ese do de peito tan imprescindible en momentos importantes.
Hoxe faise difícil destacar a alguén sobre o resto. Con todo, mención especial a Pablo Picallo (6 goles) que, aínda levando un par de días enfermo, non permitiu aos seus estar por baixo no marcador en ningún momento, supoñendo unha garantía desde os 7 metros.
Xa 'pincharon' no CGTD, e contra todo prognóstico, tres dos equipos favoritos da categoría. Mándase, así, unha clara mensaxe a todos os que quedan por vir: e é que en Pontevedra, ninguén vai regalar nada.
CISNE (32): Juan Novás; Andrés Sánchez (6), Miguel Simón, Javi Vázquez (3), José Leiras (1), Álvaro Preciado (2), Alejandro Conde (sete inicial), Alberto Casares (1), Álex Chan (5), Pablo Picallo (6), Marko Antelj, Pablo Gayoso (4), Guillerme Linhares (1) e Dani Ramos (3).
PUERTO SAGUNTO (30): David Bruixola; Cruz (3), Ignacio Mirallave (3), Leo Facundo (1), Marcos Dorado (2), Guille Corzo (3), Josep Folques (5) (sete inicial), Iván Montoya (7), Manuel Garci, Alberto Hernández, Carlos Checa, Antonio Alegre, Óscar Garci (1), Ángel López, Javier Manzano e Óscar Bergantiño (2).
Resultado (cada cinco minutos): 3-3, 7-5, 10-7, 12-10, 14-10, 19-13 (descanso), 20-15, 22-18, 25-22, 27-25, 29-28 e 32-20 (final).
Árbitros: Bernardino Fernández García e Raúl Rodríguez Díaz (Federación Territorial Madrileña).
Incidencias: Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Relacionadas:
-
O Cisne empata ante Los Dólmenes e suma sete partidos sen perder (32-32)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne segue intratable e gaña o BM Santoña (28-23)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne alonga a súa boa racha ante o Adrianenc (27-32)
Por Sofía Lorenzo |
-
Vitoria importantísima ante o Alarcos dun Cisne que ilusiona (28-27)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne consegue a súa primeira vitoria ante o Agustinos Alicante (26-28)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne frea o líder Torrelavega nun empate con sabor agridoce (24-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne cae ante un Novás que non deu un só respiro
Por Sofía Lorenzo |