O Poio Pescamar suma a súa cuarta vitoria consecutiva ante o Guadalcacín (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Aínda con dous partidos menos xogados, o Poio Pescamar sobe ao cuarto posto da táboa tras sumar, esta fin de semana, a súa cuarta vitoria consecutiva ante o Guadalcacín. Do mesmo xeito que nas anteriores xornadas, as pontevedresas fixéronse co marcador cunha notable vantaxe sobre as súas rivais, esta vez en casa (3-0).
O cadro poiense comezou controlando o xogo. Algo ao que as xerezanas responderon desde o primeiro minuto cunhas accións atrevidas e cun estilo moi directo. Con todo, a pesar dos acertos visitantes, o primeiro gol local non tardaría en chegar. Foi Saeta, que tras un saque de esquina, culminou a xogada cun cabezazo dentro da área.
A vantaxe no marcador serviu ás rojillas para acougar os seus nervios. Así foi que as de Poio conseguiron crear varias ocasións de gol que, con todo, non chegaron a sumar. Pola súa banda, o Guadalcacín tamén tivo varias oportunidades de anotar, que tampouco entraron en portería. Desta forma, os equipos marcharon ao descanso coa superioridade do cadro local (1-0).
Durante a segunda metade, máis do mesmo, só que as pontevedresas lograron manexar máis o balón, reducindo así as posibilidades do empate por parte das visitantes. Co paso dos minutos, o resultado final parecía estar decidido, xa que non foi ata o final do partido cando a emoción comezou a notarse na bancada do Municipal de Poio. Daniela Sousa marcou no minuto 39 o 2-0, que definitivamente sentenciaba ás do Guadalcacín. Aínda por riba, Silvia Aguete estableceu o 3-0 definitivo no 40' aproveitando un erro no xogo de cinco do rival.
POIO PESCAMAR (3): Silvia; Jenny, Ale de Paz, Daniela, Jessy (quinteto inicial), Ceci, Iria Saeta, Cárol e Irene.
GUADALCACÍN (0): Sandra; Lucía, Sara, Chihiro, Trini (quinteto inicial), Mariángeles, Inma, Pepa, Natalia, Carla e Desi.
Goles: 1-0 de Saeta (4'), 2-0 de Daniela Sousa (39') e 3-0 de Silvia Aguete (40').
Árbitros: Moreira Bermúdez e Dans Rey, do colexio galego, que mostraron cartolina amarela a Jenny e Daniela, do Poio Pescamar, e a Lucía, Mariángeles e Sara, do Guadalcacín.
Incidencias: Pavillón Municipal de Poio.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar asume ante o líder a súa segunda derrota consecutiva (2-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Partido de altos voos para o Poio Pescamar ante o líder Burela
Por Redacción |
-
Un Poio Pescamar atascado na segunda parte non logra plantarlle cara ao Roldán (3-1)
Por Redacción |
-
Antía Pérez, futbolista do Poio Pescamar, operada con éxito da súa lesión no xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Poio vence en Móstoles e agárrase á parte alta da táboa (0-4)
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Poio Pescamar regresa á liga cunha goleada ante o Sala Zaragoza (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |