O Natación Galaico marca territorio no inicio da Liga Galega de Clubs
Por Redacción
A Liga Galega de División de Honra empezou esta tempada como terminou a anterior, co Club Natación Galaico como primeiro da clasificación.
O club pontevedrés impúxose na primeira xornada da liga autonómica celebrada na Piscina de INEF da Coruña, a pesar de sufrir baixas relevantes principalmente no seu equipo masculino.
Compensouno de sobra o equipo feminino, no que debutada a olímpica María Vilas e ao que regresaba Bea Gómez Cortés. Ambas as dúas sumaron a vitoria nas probas que nadaron, os 400 libre no caso de Vilas e os 200 estilos por parte de Bea Gómez. Tamén foron primeiros Daniel Sánchez na 100 bolboreta e Carla Goyanes nos 200 costas.
Pola súa banda lograron segundos postos Águeda Cons no 200 libre, Henar Cons en 100 braza, Jacobo Blanco en 200 estilos e Clara Otero no 100 libre, e foron terceiros Ana Pérez en 100 braza, de novo Carla Goyanes en 100 bolboreta e Juan Hernández en 100 braza.
Estes resultados colocaron ao final da xornada ao Galaico con 367 puntos, superando por esta orde o CN Liceo (302 puntos), Club del Mar (301), CN Pabellón Ourense (273), CN Coruña (206) e CN Ferrol (184).
Relacionadas:
-
O Galaico pecha o Nacional de Inverno cun cuarto posto de Bea Gómez como mellor resultado
Por Redacción |
-
Valiosa experiencia para Carla Goyanes na Copa do Mundo de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
O Campionato de España de Piscina Curta, primeiro gran reto da tempada para o Galaico
Por Redacción |
-
Carla Goyanes, convocada para participar na proba das Series Mundiais de Augas Abertas de Abu Dhabi
Por Redacción |
-
Bea Gómez e María Vilas incorpóranse ao Club Natación Galaico
Por Sofía Lorenzo |