O Campionato de España de Piscina Curta, primeiro gran reto da tempada para o Galaico
Por Redacción
O Club Natación Galaico fixa o seu obxectivo na primeira gran competición nacional da tempada, o Campionato de España Absoluto de Inverno que se celebrará entre o 15 e o 18 de novembro en Barcelona, na Piscina Nova de L'Escullera.
Alí estarán catro deportistas do club pontevedrés, que aspiran a realizar un bo papel.
Dous delas serán as incorporacións destacadas do curso recentemente estreado, as olímpicas Bea Gómez Cortés e María Vilas, xunto a Daniel Sánchez e Marc Ciurana na categoría masculina.
Bea Gómez está inscrita nas probas dos 200 estilos, 100 libre e 50 libre, María Vilas nadará os 400 estilos e a 200 braza, Marc Ciurana fará o propio nos 200 braza e Daniel Sánchez será o que teña o calendario máis esixente con catro probas: 100 e 50 costas, 100 estilos e 50 libre.
En Barcelona competirán ata 568 deportistas de 129 clubs do territorio nacional.
Relacionadas:
-
O Galaico pecha o Nacional de Inverno cun cuarto posto de Bea Gómez como mellor resultado
Por Redacción |
-
Valiosa experiencia para Carla Goyanes na Copa do Mundo de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
O Natación Galaico marca territorio no inicio da Liga Galega de Clubs
Por Redacción |
-
Carla Goyanes, convocada para participar na proba das Series Mundiais de Augas Abertas de Abu Dhabi
Por Redacción |
-
Bea Gómez e María Vilas incorpóranse ao Club Natación Galaico
Por Sofía Lorenzo |