Antía Pérez, futbolista do Poio Pescamar, operada con éxito da súa lesión no xeonllo
Por Diego Espiño
Antía Pérez empeza a conta atrás na súa recuperación para volver á cancha de xogo. Aínda queda un longo camiño, entre 7 e 8 meses, pero a xoven futbolista empeza a descontar días do seu reloxo tras ser operada con éxito da súa lesión.
A xogadora do Poio Pescamar caeu lesionada nos Xogos Olímpicos da Mocidade, en Buenos Aires, coa Selección Española, e por ese motivo foi intervida da rotura de ligamentos no seu xeonllo na Clínica Cemtro de Madrid polo Doutor Guillén, baixo a supervisión da Real Federación Española de Fútbol.
Con ese optimismo sinalou a propia Antía Pérez na súa conta de Twitter que xa queda "un día menos" para volver.
Un día menos https://t.co/wFvCnJjq11
— Antía Pérez García (@antipg8) 8 de noviembre de 2018
Mentres tanto o seu equipo, o Poio Pescamar, concéntrase na difícil saída desta fin de semana, na que visitará a cancha do actual campión de liga, o Jimbee Roldán murciano (sábado, 12:00 horas) nun encontro que poderá seguirse en directo na web da TVG.
As vermellas buscan manter a súa condición de invictas para seguir escalando postos na clasificación, e para iso han de superar a un equipo que non comezou a tempada da maneira esperada e é sétimo na táboa con 11 puntos, un menos que o Poio a pesar dos seus dous encontros aprazados.
A de Antía será a única baixa destacada na convocatoria de Dani Díaz. Ademais, tras o choque a gardameta Silvia Aguete non volverá co resto do equipo, xa que quedará en Murcia concentrada coa Selección Española para a dobre cita amigable do combinado nacional ante Rusia.
Relacionadas:
-
Confirman a Antía Pérez que rompeu o ligamento cruzado: "Es un palo muy grande, peor que el año pasado"
Por Diego Espiño |
-
Antía Pérez recibe a alta médica seis meses despois da súa lesión nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
Difícil saída para un Poio Pescamar que busca esquecer os últimos tropezos
Por Redacción |
-
Partido de altos voos para o Poio Pescamar ante o líder Burela
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar suma a súa cuarta vitoria consecutiva ante o Guadalcacín (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O Poio vence en Móstoles e agárrase á parte alta da táboa (0-4)
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Poio Pescamar mira ao mercado brasileiro para cubrir a baixa de Antía
Por Diego Espiño |
-
Un bronce moi caro. O Poio Pescamar perde a Antía que sofre rotura do cruzado do xeonllo esquerdo
Por Redacción |