Un Poio Pescamar atascado na segunda parte non logra plantarlle cara ao Roldán (3-1)
Por Redacción
Aínda tentándoo, o Poio Pescamar non logrou, este sábado, facer fronte a un dos partidos máis esperados da xornada. Nesta ocasión, as prontevedresas tiveron que medirse ao Jimbee Roldán, actual campión de liga. Unha primeira parte moi igualada e uns últimos 20 minutos, nos que as visitantes estiveron realmente atrancadas na pista, permitiron ás murcianas facerse co partido no Municipal Gabriel Pérez.
As xogadoras do Poio comezaron mostrándose moi cómodas ante as locais. Nos primeiros minutos crearon varias ocasións de gol en forma de disparos de media distancia á portería de Etayo. Con todo, aos dous minutos de xogo, as murcianas xa superaban ás rojillas no marcador tras un roubo de balón efectuado por Claudia Terrés que terminou en gol. Foi Consuelo quen logrou sumar o 1-0.
Ante a vantaxe local, as pupilas de Dani Díaz trataron de cambiar o curso do partido. Así foi que no tramo final do primeiro tempo, as ocasións de gol de sucedían nas dúas porterías. Pero, a escasos seis minutos do descanso, o Poio Pescamar igualou o partido grazas a Iria que, aproveitando un rexeitamento de Etayo despexando un penalti, conseguiu acertar establecendo o 1-1. O empate influíu de forma positiva nas pontevedresas que, a partir dese momento, se mostraron máis seguras na pista.
O paso polos vestiarios sentou ben aos dous equipos, que engadiron intensidade ao seu xogo. A pesar diso, aos catro minutos do asubío inicial, nun roubo de balón en primeira liña, Mirian controlou na frontal de área e, cun disparo pegado ao pau, superou a Silvia. Desta forma, as murcianas volvían liderar o encontro.
Todo cambiou no minuto 7 da segunda parte. As rojillas quedaron en inferioridade numérica por dobre amarela a Ceci. As do Roldán aproveitaron a situación do Poio e, así, Mayte Mateo lograría establecer o definitivo 3-1 no marcador. A partir de aquí as pontevedersas atascáronse.
Estas optaron polo xogo de cinco con Ale de Paz como porteira xogadora, pero non atoparon o camiño ao gol. Tan só lograron dous postes en accións illadas de Jenny, fronte aos sucesivos tiros a porta das locais. Con todo, as do Poio non conseguiron gañar vantaxe fronte ás do Roldán, enfrontándose así á súa primeira derrota da tempada.
ROLDÁN (3): Etayo; Claudia Terrés, Ángela, Consuelo, Mayte Mateo (quinteto inicial), Sara Navalón, Alba Gandía, Andrea Marín, Clara, Mirian e Beth Carrasco.
POIO PESCAMAR (1): Silvia; Dani Sousa, Ceci, Jenny Lores, Ale de Paz (quinteto inicial), Jessy, Iria, Cárol e Irene.
Árbitros: Hidalgo Marín e Lax Cuartero, do colexio murciano, que mostraron cartulina amarela a Andrea Marín, Consuelo e Beth Carrasco, do Roldán, e dobre amarela a Ceci (27’).
Goles: 1-0 Consuelo (min.2); 1-1 Iria (min.14); 2-1 Mirian (min.24) e 3-1 Mayte Mateo (min.27).
Incidencias: Pavillón Municipal Gabriel Pérez, ante máis de 400 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar desfaise do seu infortunio ante o Leganés (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar perde no último segundo ante o Penya Esplugues (3-2)
Por Redacción |
-
Difícil saída para un Poio Pescamar que busca esquecer os últimos tropezos
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar asume ante o líder a súa segunda derrota consecutiva (2-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Partido de altos voos para o Poio Pescamar ante o líder Burela
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar suma a súa cuarta vitoria consecutiva ante o Guadalcacín (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O Poio vence en Móstoles e agárrase á parte alta da táboa (0-4)
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Poio Pescamar regresa á liga cunha goleada ante o Sala Zaragoza (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |