Marín, satisfeita co resultado da Copa Galicia de Bateis e a Gala do Remo Galego
Por Redacción
Cunha asistencia superior ao milleiro de afeccionados, atletas e representantes dos diferentes clubs pecháronse en Marín os ciclos de remo da Semana Abanca, que contaron co apoio do Concello de Marín e de Ence, a organización das Federacións Española e Galega de Remo, Club Marítimo de Vigo, a Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira e a Escola Naval Militar.
O Club de Remo Chapela proclamouse vencedor da Copa Galicia Ence de Bateis que se celebrou cunhas boas condicións metereolóxicas no campo de regatas habilitado fronte ao Paseo Alcalde Antonio Blanco, despois de lograr tres ouros en promesas feminino, alevíns feminino e cadete masculino.
O resto de metais foron para Vila de Cangas (alevín feminino), Tirán (xuvenil feminino), Samertolameu (infantil masculino) e Meira (xuvenil masculino).
A Copa Galicia de Bateis contou coa participación de 81 botes, 22 clubs e preto de 500 atletas.
Tras esta cita a actividade trasladouse ao auditorio Illa de Tambo, onde primeiro celebrouse a entrega de medallas da competición recentemente concluída e despois tivo lugar a Gala do Remo Galego, onde se entregaron ata 26 premios aos mellores equipos da tempada nas diferentes categorías e disciplinas.
Relacionadas:
-
Máis de 500 remeiros participarán na Copa Galicia de Bateis en Marín
Por Redacción |
-
A Copa Galicia de Bateis regresa a Marín asegurando unha alta participación
Por Redacción |
-
Os escolares de Marín, a golpe de remo
Por Redacción |
-
O Campionato de España de Yolas finaliza pasado por auga
Por Sofía Lorenzo |