O Peixe Galego prepara a visita do líder con promocións para os seus socios
Por Redacción
A Conferencia Oeste da Liga LEB Prata de Baloncesto non podía estar máis igualada. Nin a derrota do mércores no País Vasco descolgou a un Peixe Galego que, cun balance de 4-4, segue a un triunfo do primeiro posto e que quere engancharse de cheo ao pelotón de cabeza.
Para iso os de Marín deberán superar este domingo (18:00 horas) no pavillón da Raña ao actual líder da categoría, o Igualatorio Cantabria Estela.
A última vez que os dous equipos cruzáronse pelexaban por proclamarse campións de conferencia na liga EBA, a pasada campaña, con triunfo peixe por 73 a 66.
A directiva marinense quere que A Raña presente un gran ambiente e empuxe aos seus cara a vitoria, polo que preparou unha xornada de celebración, con sorteos, agasallos e actuacións de hip-hop para acompañar á emoción do encontro de liga.
Ademais os socios do Peixe Galego terán a posibilidade de retirar dúas entradas para acompañantes ao prezo reducido de 3 euros.
Relacionadas:
-
O Peixe plántalle cara ao Igualatorio Cantabria e logra a súa quinta vitoria (76-61)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O último cuarto condena o Peixe Galego en Azpeitia (71-66)
Por Redacción |
-
Contra todo pronóstico, o Peixe vence a un dos rivais máis duros, o Navarra (81-69)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |