Gustavo Santiago e María Jesús Gestido vencen na V Milla solidaria Anedia
Por Diego Torrado & Redacción
O atleta Gustavo Santiago Fernández, do Miler Running Club, cun tempo de 4.46 impoñíase na V Milla Anedia 'Que a Diabetes non te pare' celebrada na mañá deste domingo en Pontevdra. O vencedor gañaba nun apretado final a Amador Pena do Club Atletismo O Pino, mentres que o terceiro posto era para Adrián Ces do Club Atletismo Santiago.
En categoría feminina, María Jesús Gestido gañaba cun tempo de 5.35, mentres que Paula de la Torre Carabelos, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, entraba cinco segundos máis tarde e Antía Prieto era terceira.
Na milla popular A masculina vencía Alberto Ces Andrés mentres que Martina Cons Gestido, do San Miguel de Marín, lograba a vitoria na modalidade feminina.
Nas categorías B e C, os triunfos foron para Ángeles Iglesias Santiago e Juan Carlos Sande. Todos os resultados poden consultarse na ligazón de Carreiras Galegas da Federación Galega de Atletismo.
A xornada deportiva, organizada pola asociación Anedia, na que participaron os mellores equipos de Galicia remataba cunha andaina solidaria, aberta a todo o público co obxectivo de mobilizarse contra a diabete.
Relacionadas:
-
Unha xornada deportiva para facer visible a diabetes coa sexta Milla Urbana Anedia
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra conmemora o Día Mundial da Diabetes cunha chea de actividades
Por Redacción |
-
Luces azuis para sensibilizar sobre a diabetes
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara: Susana Ruiz comparte a súa diabetes na teoría e na práctica
Por Marisa Ciordia |
-
Unha milla solidaria pola diabetes
Por Redacción & Diego Torrado |