VÍDEO.- Unha estrea de altura para as novas pistas de atletismo de San Pedro
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de San Pedro, en Marín, presume ao fin de novas pistas de atletismo.
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presidiu o acto de inauguración das pistas, conducido por Gonzalo Méndez e ao que acudiron a alcaldesa María Ramallo e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, ademais de representantes dos clubs locais, San Miguel e Pinarium, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e atletas locais como Víctor Riobó ou Jean Marie e Elvira Okutu, entre outros.
"A primeira vez que vin San Pedro hai dous anos recordo como estaba", sinalou Marta Míguez en relación ao mal estado que presentaba a instalación. Agora con todo, segundo avanzou "vai ter a homologación en breve e poderemos desfrutar de multitude de campionatos".
Algúns desas futuras competicións "xa as temos programadas", confirmou a alcaldesa, quen ademais quixo acordarse da xente "que facía deporte aquí cando era unha simple pista de terra".
O acto no Municipal de San Pedro arrincou cunha carreira escolar a iniciativa do IES Illa de Tambo e no que participaron preto de 400 escolares do municipio, e contou cunha sorpresa final a cargo de Jean Marie Okutu, atleta olímpico e campión nacional de salto de lonxitude.
Coas nenas e nenos presentes facendo un corredor de honra no foso, Okutu realizou varios saltos de exhibición, pasando mesmo por riba de varios mozos situados sobre a area e sacando os aplausos dos presentes.
As obras de renovación das pistas de atletismo de San Pedro contaron un orzamento de 314.600 euros financiados a través dun convenio de colaboración entre o Concello de Marín (35%) e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia (65%).
Relacionadas:
-
O estadio de San Pedro estrea un novo almacén para o material de atletismo
Por Redacción |
-
As renovadas pistas de atletismo de San Pedro, escenario do Campionato Galego de 10.000
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu, premiado pola Universidade de Vigo como mellor estudante deportista do ano
Por Redacción |
-
O Ría de Ferrol capta a Antía Sestelo para competir na División de Honra
Por Redacción |
-
O Bloque pregunta polo retraso nas obras da pista de atletismo de San Pedro
Por Oskar Viéitez |
-
En marcha a reforma das pistas de atletismo de San Pedro
Por Redacción |
-
Sae a licitación a reforma das pistas de atletismo de Marín por preto de 375.000 euros
Por Redacción |