O pontevedrés Salvador González proclámase campión europeo máster de taekwondo
Por Redacción
Os campionatos de Europa de Taekwondo que se iniciaron este xoves na localidade castellonenca de Marina D'Or non puideron comezar mellor para o Mace Sport de Pontevedra.
Mentres o club espera a participación do seu deportista Eduardo Rejo na competición cadete, prevista para este domingo 2, outro dos seus taekwondistas logrou o mellor resultado da súa traxectoria, no seu caso xa na categoría máster.
Trátase de Salvador González Banga (-68 quilos), que se proclamou campión continental despois de vencer en dous intensos combates.
No primeiro deles deixou na cuneta ao francés Raphael Haddad por un apertado 5-4, mentres que na gran final superou a outro español, José Ángel Pablos, por un tenteo de 12-10.
Os campionatos de Europa de Taekwondo disputaranse, nas súas diferentes categorías, ata o vindeiro domingo 9 de decembro.
Relacionadas:
-
Arlet Ortiz e Iván García proclámanse campións de Europa de taekwondo
Por Redacción |
-
Dous novos éxitos para o Mace Sport no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
Eduardo Rejo consegue a medalla de bronce no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
O Europeo cadete de taekwondo, obxectivo do pontevedrés Eduardo Rejo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso presume de bronce no Europeo Sub-21 de taekwondo
Por Redacción |