Os campos de fútbol de Baltar e San Pedro, sedes do Nacional Sub-16 e Sub-18 seleccións autonómicas
Por Redacción
A Real Federación Española de Fútbol confirmou a Sanxenxo como unha das sedes da primeira fase do Campionato de España Masculino de Seleccións Autonómicas para as categorías Sub-16 e Sub-18.
Esta competición desenvolverase os días 27, 28 e 29 de decembro nas dúas instalacións de herba natural do municipio, os campos de fútbol de Baltar, en Portonovo, e San Pedro, en Vilalonga.
Ademais das seleccións galegas, estarán en Sanxenxo os combinados autonómicos de Estremadura e Comunidade Valenciana.
Segundo detallou a Federación Galega, o xoves 27 de decembro abrirán fogo os partidos entre Estremadura e Galicia, en ambas as dúas categorías, o venres 28 será a quenda de Comunidade Valenciana e Estremadura e a última xornada protagonizarana Galicia e a Comunidade Valenciana, con partidos Sub-16 ás 10:30 e Sub-18 ás 12:30 horas.
Relacionadas:
-
Portonovo, Vilalonga e A Illa, sedes da fase previa da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |
-
Galicia enfrontarase en Sanxenxo a Estremadura e Valencia no Nacional sub16 e sub18 de fútbol
Por Redacción |
-
Entrada de balde para os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Sub-16 e Sub-18
Por Redacción |
-
Os veciños de Vilalonga coñecen os proxectos para a parroquia
Por Oskar Viéitez |